Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Coñece as potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas con esta nova xornada
O próximo 20 de marzo a rede Eusumo celebrará a xornada As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas, a través da que expoñer novas oportunidades de emprendemento de economía social.
Os principais obxectivos da xornada son:
- Achegar a economía social como un sector idóneo para impulsar proxectos culturais e creativos.
- Coñecer as tendencias existentes nas industrias culturais e creativas.
- Amosar experiencias de proxectos de economía social nas industrias culturais e creativas.
Podes descargar aquí o programa completo da xornada.
Para asistir inscríbete a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 19 de marzo.
Agardámoste!
