CONTABILIDADE COOPERATIVA. NIVEL PRO - SUPOSTOS

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

CONTABILIDADE COOPERATIVA NIVEL PRO - SUPOSTOS

Datas: do 12 ao 31 de maio de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse catro sesións virtuais de aprendizaxe os días 12, 19, 26 e 31 de maio de 11:00 a 12:30 h

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas cun proxecto de emprendemento cooperativo e que están a poñer en marcha unha empresa, interesadas en facelo ou integradas nunha con poucos coñecementos da xestión contable (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20).

Obxectivos:

• Entender que é e para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo.
• Coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.
• Capacitar as persoas socias e asalariadas das cooperativas no emprego das ferramentas contables.
• Interpretar os principais estados financeiros e coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.

Programa formativo:

Tema 1. A estrutura xeral contable
Tema 2. O tratamento dos fondos propios e específicos nas cooperativas de traballo.
Tema 3. A conta de perdas e gaños e a distribución de resultados.
Tema 4. Fiscalidade cooperativa.

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Mércores, 12 Maio, 2021 - 12:00 to Luns, 31 Maio, 2021 - 12:00

Compartir