Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: vacún de leite
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: vacún de leite" no marco da Rede Eusumo.
Data: 25 de marzo
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Favorecer que as cooperativas de leite, de servizos gandeiros e abastecementos de bovino aborden os principais retos xurídicos, produtivos e de comercialización do sector, nun marco de intercambio de experiencias e acceso a coñecementos específicos sobre aspectos de actualidade e da Cadea de Valor.
- Avaliar os efectos nas cooperativas do cambio climático, especialmente nos aspectos relacionados coas novas enfermidades, tratando de impulsar a profesionalización e a sostibilidade, así como o acceso á man de obra para o sector.
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Luns, 25 March, 2024 - 09:45 to 14:45