Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: produción de castaña
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Produción de castaña" no marco da Rede Eusumo.
Data: 21 de marzo
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras, en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.
Persoas destinatarias:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Público en xeral
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Xoves, 21 March, 2024 - 09:30 to 14:30