Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social | Edición I

A Rede Eusumo organiza a 1ª edición da formación en liña: "Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social"

Datas: do 5 ao 19 de marzo

Horas: 20

Modalidade: en liña

Plataforma: Campus Eusumo

Obxectivo:

Darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas e as tendencias actuais que lles permitirán desenvolver a súa propia estratexia en redes socias e mellorar a súa presenza nun contorno dixital altamente competitivo.

Persoas destinatarias:

  • Persoas desempregadas
  • Persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia
  • Público en xeral

As inscricións estarán abertas ata o 4 de marzo de 2024 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Descarga o cartel

 

Martes, 5 March, 2024 - 00:00 to Martes, 19 March, 2024 - 23:45

Compartir