Presentación dos resultados +COOP en Galicia
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a xornada de presentación de resultados de +COOP, un programa que vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o FSE+, co obxectivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.
Data: 8 de xullo
Modalidade: presencial
Lugar: “La Moda” Rural Lab (Silleda)
Obxectivos:
- Presentar os resultados e boas prácticas de + COOP
- Visibilizar proxectos de emprendemento baixo a fórmula de cooperativa, amosando experiencias das beneficiarias deste programa
- Crear un espazo de coñecemento mutuo, de relacións e de intercooperación
10.00 h - Recepción de asistentes
10.30 h - Benvida institucional e presentación
- Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
- Representante do Polo de Emprendemento de Silleda
11.00 h - Presentación de resultados do Programa +COOP
- Lucía Mendoza Fernández - Directora da Unión de Cooperativas EspazoCoop
11.30 h - Mesa de cooperativas participantes en +COOP
- Modera: Rosa Bernárdez - Técnica da Unión de Cooperativas EspazoCoop
13.00 h - Liñas de axudas públicas para o emprendemento en cooperativa e outras fórmulas de economía social
- Representante da Xunta de Galicia
- Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
13.30 h - Café – Espazo de intercooperación e networking
Persoas destinatarias:
- Persoas desempregadas ou activas, interesadas en emprender, con potenciais ideas de negocio
- Servizos de fomento de emprego e apoio ao emprendemento: orientadoras laborais, xestorías, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local...
- Grupos promotores e cooperativas beneficiarias do programa +COOP e cooperativas de recente constitución non socias
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: 981 57 55 78 – info@espazo.coop
Descarga o programa