Muller, lánzate a emprender en cooperativa

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Muller, lánzate a emprender en cooperativa" no marco da Rede Eusumo.

Data: do 8 ao 24 de abril

Horas: 25

Modalidade: en liña

Obxectivos: 

  • Presentar o modelo cooperativo ás mulleres, en especial ás mulleres desempregadas.
  • Mostrar as condicións e pasos a dar para formar unha cooperativa.
  • Informar de recursos e medidas de apoio para o autoemprego colectivo das mulleres.
  • Coñecer experiencias reais de cooperativas de mulleres.

Persoas destinatarias:

  • Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop ou 881 887 456

 

Descarga o programa

 

Luns, 8 April, 2024 - 00:00 to Mércores, 24 April, 2024 - 23:45

Compartir