Mozos e mozas cooperativistas | Xornada

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza dúas xornadas denominadas "Mozos e mozas cooperativistas" no marco da Rede Eusumo.

Datas: 9 de abril | 12 de abril

Horario: de 11:00 h a 17:30 h

Modalidade: presencial

Lugares: Piensos Alborés (Mazaricos, A Coruña) | Coreber (Carballo, A Coruña)

Obxectivos: 

  • Desenvolvemos encontros entre persoas mozas socias e/ou fillas de socios e socias de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.
  • A acción que aquí presentamos ofrécelles ás mozas e aos mozos que nela participen o coñecemento en primeira persoa dos principais aspectos a ter en conta no intre de iniciarse na actividade agrogandeira.
  • Trataremos de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos claves na posta en marcha da actividade.
  • Nesta acción preténdese a apertura de expectativas dos mozas e mozos galegos socios de cooperativas á realidade da actividade na empresa agraria e o cooperativismo agroalimentario.

Persoas destinatarias:

  • Mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios e socias de cooperativas.

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa do 9 de abril

 

Descarga o programa do 12 de abril

 

Martes, 9 April, 2024 - 11:00 to Venres, 12 April, 2024 - 17:30

Compartir