Formación para cadros directivos de cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Formación para cadros directivos de cooperativas" no marco da Rede Eusumo.
Data: do 10 ao 26 de xuño
Horas: 25
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Obxectivos:
- Identificar os requisitos e as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo.
- Contribuír a poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas.
- Dar a coñecer recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos técnicos das cooperativas.
- Potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades xerenciais das cooperativas participantes.
Persoas destinatarias:
Persoas socias e asalariadas das cooperativas que teñan funcións e/ou responsabilidades de dirección ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para asumilas.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop
Descarga o programa
Luns, 10 June, 2024 - 00:00 to Mércores, 26 June, 2024 - 23:45






