Fomento da contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) organizan a xornada formativa "Fomento da contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais" no marco da Rede Eusumo.
Data: 1 de marzo
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial e en liña
Lugar: salón de actos do CERSIA Empresa (Santiago de Compostela)
Obxectivos:
- Ofrecer ferramentas e prácticas óptimas ao persoal técnico das entidades locais para a elaboración de pregos de contratación.
- Fomentar e visibilizar os sectores de Transporte e Mobilidade e Economía Circular e Xestión de Residuos.
- Analizar o escenario normativo da Contratación Reservada e a Compra Pública Responsable.
- Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás EI e CEEIS.
Persoas destinatarias:
- Persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración local
- Representantes de empresas e entidades de economía social
- Medios de comunicación
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web aeiga.org ou cegasal.com
Descarga o programa
Venres, 1 March, 2024 - 10:00 to 14:00