Encontros de mulleres socias e directivas nas cooperativas agroalimentarias

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza os encontros "Mulleres socias e directivas nas cooperativas agroalimentarias" no marco da Rede Eusumo.

Datas: 21, 23 e 28 de febreiro

Horario: de tarde 

Modalidade: presencial

Lugares: Xallas S. Coop. Galega (Santa Comba, A Coruña), Adega Condes de Albarei S. Coop. Galega (Cambados, Pontevedra) e Paco&Lola S. Coop. Galega (Meaño, Pontevedra)

Obxectivos: 

  • Visibilizar á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario e do mundo rural no seu conxunto.
  • Promover e mellorar a participación das mulleres do medio rural, en particular mediante o aumento do emprendemento feminino.
  • Promover a participación efectiva e a representación das mulleres nos órganos de decisión de empresas e organizacións do medio rural, identificando as barreiras socioculturais que impiden dita participación, así como as estratexias para combatelas.
  • Aumentar a participación e representación das mulleres nos postos de responsabilidade e decisión económica, social e política no medio rural.

Persoas destinatarias:

  • Mulleres socias e directivas de cooperativas agroalimentarias de Galicia.

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa de Xallas (Santa Comba)

 

Descarga o programa da Adega Condes de Albarei (Cambados)

 

Descarga o programa de Paco&Lola (Meaño)

 

Mércores, 21 February, 2024 - 14:30 to Mércores, 28 February, 2024 - 21:30

Compartir