A cooperativa de Transporte: panca de oportunidades para as persoas emprendedoras no ámbito rural
A Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (Ucogatra) organiza a xornada "A cooperativa de Transporte: panca de oportunidades para as pesoas emprendedoras no ámbito rural" no marco da Rede Eusumo.
Data: 24 de febreiro
Horario: 07:15 h - 15:15 h
Modalidade: presencial
Lugar: Autoescola San Martín (Ledoño, A Coruña)
Obxectivos:
Nun sector específico da Economía Social como o transporte, trátase de dar a coñecer o potencial da cooperativa de transporte como ferramenta útil para a incorporación ao mercado laboral, isto é, como panca de oportunidades para o autoemprego de persoas no ámbito rural de Galicia.
Persoas destinatarias:
Esta acción está dirixida ás persoas residentes en concellos rurais de Galicia que desexen ou aspiren a emprender no sector do transporte e ás persoas que desexen coñecer as posibilidades que ofrecen as cooperativas de transporte no ámbito rural como catalizadoras de novas persoas no sector do transporte.
Inscricións: a través do 881 243 859
Máis información: secretaria@ucogatra.es
Descarga o cartel