|
Boletín Rede Eusumo Nº 113 15 / 04 / 2021
|
|
|
|
|
|
A Panadaría, unha cooperativa teatral!
Os valores do cooperativismo uniron a Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman cos que amasaron un teatro de creación propia e cocción lenta para alimentar corpo e alma. Como actrices, a súa ferramenta é a voz e o corpo pero tamén a música e o humor forman parte da obra.
Grazas á economía social fixeron realidade o seu soño e agora son elas as que, co seu proxecto, deixan pegada no público.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres integrarte na Rede Eusumo?
Achégate ao apartado "Rede Eusumo" da nosa web e atoparás información sobre as pautas que debes seguir ademais da documentación que precisas presentar.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Encontro sectorial para entidades de economía social.
Neste encontro sectorial terás a oportunidade de descubrir que son os mercados sociais e como funcionan, coñecer a experiencia de dous referentes neste ámbito, escoitar o relato das entidades que axudan a construír o proxecto galego así como ter mais información sobre o Ben Mercado, como tenda en liña renovada.
Data: 16/04/2021
Horario: 12:00 -13:15 h
Modalidade: en liña
Inscricións: proxectos_reasgz@reasnet.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontros empresariais!
Mediante esta actividade promocionarase e difundirase a figura das empresas de inserción laboral en Galicia e tratarase de establecer convenios de colaboración e/ou sinerxías coas empresas privadas.
Data: 20/04/2021
Horario: 10:00 - 12:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / aeigagalicia@aeiga.org / 881957542
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Aínda quedan prazas para inscribirse no curso: Ferramentas dixitais útiles para a túa entidade!
Ata o próximo 21 de abril podes inscribirte nesta formación que ten como obxectivo mostrar novas ferramentas dixitais que faciliten a xestión diaria dunha entidade de economía social, o traballo colaborativo, a organización de tarefas e proxectos, a comunicación interna e externa e a venda en liña.
Datas: do 22/04/2021 ao 11/05//2021
Modalidade: en liña
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / eusumo.emprego@xunta.es / 981558008
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|