|
Boletín Rede Eusumo Nº 154 10/ 02 / 2022
|
|
|
|
|
|
Premios á cooperación convocatoria 2022
O obxectivo deste programa é difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas realizan a prol do seu desenvolvemento en Galicia.
O premios é de 5000 euros para as cooperativas que gañen nas seguintes categorías:
1. Premio aos valores cooperativos á cooperativa galega que destaque no impulso dos valores e principios cooperativos.
2. Premio ao mellor proxecto cooperativo novo para aquela cooperativa cunha antigüidade igual ou menor de 42 meses que destaque polas súas achegas sociais, económicas, culturais ou ambientais.
3. Premio á traxectoria cooperativa á que teña unha antigüidade maior de 42 meses e que destaque pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Podes consultar a orde premendo aquí e visualizalo o cartel aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro agroalimentario da mocidade
O obxecto deste encontro é reunir a mocidade de entre 18 e 35 anos do mundo agroalimentario galego, co fin de tratar con eles os resultados do programa Cultiva 2021; comentar os aspectos claves para acadar o éxito na actividade agraria; e poñer en común as actuais axudas para a incorporación á actividade e a creación de cooperativas agroalimentarias.
Data: 14 de febreiro
Modalidade: en liña
Horario: de 16:30 a 19:30 h
Inscrición: a través deste formulario
Máis información en: agaca@agaca.coop / www.agaca.coop / 981 584 783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A creación dunha tenda en liña con shophify
Esta nova actividade que ten como relator a Javier Rocamora García, consultor en marketing en liña e eCommerce, ten como principal obxectivo dar a coñecer a ferramenta de comercio electrónico Shophify. Comezará abordando os pasos básicos para crear una tenda en liña sinxela e, posteriormente, tratará aspectos máis complexos como o plan de prezos e os servizos ofertados ou a posibilidade de integrar outros servizos dentro da plataforma, entre moitos outros.
Datas: do 14 ao 18 de febreiro
Modalidade: en liña
Duración: 15 horas
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Novos xeitos de chegar ao mercado a través da innovación en marketing e vendas
Neste taller explicarase como aplicar a dixitalización de maneira concreta ao teu sector e eido de negocio, co obxecto de conseguir que se traduza nunha mellora das vendas.
Esta actividade será impartida polo director e fundador de Optimiza tu Negocio, que fará especial fincapé na importancia da dixitalización e da aplicación de ferramentas dixitais nas empresas de economía social, sobre todo dende a pandemia, xa que modificou por completo a forma de comprar.
Data: o 17 e o 24 de febreiro e o 3 de marzo
Modalidade: presencial
Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, rúa da República Checa 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela
Duración: 15 horas
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|