LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 94  03 / 12 / 2020
 
   

Axudas á hostalería e microempresas

A Xunta de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras para o mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas e das microempresas de Galicia máis afectadas pola covid-19.  Esta convocatoria de axudas ten 2 programas:

- Programa I para as microempresas:  destinado a persoas traballadoras autónomas con persoal contratado ou microempresas e, excepcionalmente, pemes (de sectores especialmente paralizados pola covid-19).

-Programa II para a hostalería: destinado a persoas traballadoras autónomas con ou sen persoal contratado e a microempresas e pemes do sector da hostalería incluídos hoteis, hostais, casas rurais e outros aloxamentos que cumpran os requisitos.

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes ata o 28 de decembro de 2020

Ver máis

       
   

A importancia dos centros especiais de emprego de iniciativa social

Este tipo de centros desempeñan un papel fundamental fomentando a inclusión social das persoas con discapacidade e asegurándolles un emprego remunerado. 

Ademais, coa actividade que desenvolven, proporcionan numerosos beneficios a outras entidades e á sociedade en xeral. 

Aquí podes consultar información en detalle sobre que son e as súas vantaxes. 

Ver máis

   
   

Como afrontar a desigualdade territorial!

O próximo 4 de decembro de 2020 organízase unha xornada práctica sobre medidas para frear a pobreza, a exclusión e o abandono do medio rural. Para iso, realizarase un panel de experiencias coa participación de determinadas entidades, así como tres mesas de traballo en grupo simultáneas sobre a pobreza e a exclusión, a vivenda accesible e o emprego inclusivo. 

Se tes unha vinculación co medio rural, inscríbete e participa na consulta en liña activa onde se recollerán todas as propostas e resultados que serán a base da xornada. 

Data: 04/12/2020
Horario: 19:30 - 13:45 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario

Ver máis

       
   

Dá un paso mais na túa idea de negocio!

Poñemos á túa disposición os recursos necesarios para elaborar os estatutos e o regulamento interno de cooperativas e sociedades laborais, ademais de mostrar as novas oportunidades de emprendemento en sectores emerxentes. 

Por primeira vez contaremos cun apartado onde ti preguntas e nos respondemos. Soamente tes que enviarnos a túa consulta ao cubrir o formulario de inscrición e responderemos a túa e outras cuestións trasladadas en directo. Contamos contigo! 
 

Data: 15/12/2020
Horario: 10:00 - 13:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela