A Xunta de Galicia lanza un plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas
Aberto, ata o próximo 18 de decembro, o prazo para presentar a túa solicitude e optar ás axudas económicas do plan de rescate destinado a actividades especialmente paralizadas.
É imprescindible que todas as persoas beneficiarias estean dadas de alta no RETA como traballadoras/es por conta propia ou no Réxime Especial do Mar; conten con domicilio fiscal en Galicia; e teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade. Así mesmo, deben comprometerse a manter a actividade económica de alta durante 2 meses desde a publicación da orde de axudas.
Ver máis
|