LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 91  12 / 11 / 2020
 
   

Achégate á cultura!

O 28 e o 29 de novembro terá lugar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a décimo terceira edición de Culturgal,  un espazo no que teñen cabida as entidades de economía social pertencentes ao sector cultural. Queres saber como podes participar? Envía a túa proposta antes das 14:00 h deste xoves día 12 e convértete nunha das entidades seleccionadas. 

Ademais, tes a posibilidade de participar como público xa que a feira contará con retransmisión por streaming.  

É unha oportunidade que non podes deixar escapar, dáte a coñecer en Culturgal!

Ver máis

       
   

E ti que farás cando sexas maior?

A cooperativa Ancoradoiro ofrece unha proposta habitacional para aquelas persoas que busquen unha alternativa de vida para despois da xubilación, a través do coñecido como "cohousing". 

Esta cooperativa de uso e consumo é unha solución respetuosa, democrática e responsable para ter atendidas as necesidades básicas de vivenda e coidados, coas vantaxes dunha vida activa en comunidade.  

Se tes interese en coñecer máis sobre este atractivo e especial proxecto, non o dubides e le todo o que Lucía Calvo, presidenta da cooperativa, nos contou. 

Ver máis

   
   

Buscas emprender de forma colectiva?

Inscríbete e coñece todo o que a economía social pode ofrecerche para materializar o teu proxecto de negocio: que é, as súas vantaxes, as entidades que a conforman, e en especial as sociedades laborais e cooperativas, así como os apoios e o financiamento cos que podes contar. 

Data: 18/11/2020
Horario: 12:00 - 13:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela