|
Boletín Rede Eusumo Nº 57 12 / 03 / 2020
|
|
|
|
|
|
Coñece a historia da cooperativa Nós en Esteiro
Esta cooperativa comezou a súa andaina tras gañar o concurso convocado para xestionar o servizo da cafetería no campus ferrolán de Esteiro. Para iso contaron, entre outros, coa axuda e o apoio da Rede Eusumo.
Hoxe en día, Nós en Esteiro é unha das poucas entidades de economía social existentes en Galicia no ámbito da hostalería. Dende a súa actividade diaria contribúen á alimentación saudable das persoas que consomen os seus produtos, xa que apostan por unha cociña de calidade que fai que a súa clientela coma como na casa.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
ExpoOrdes e Salimat 2020, o escaparate perfecto para o teu produto ou servizo
Do 24 ao 26 de abril celébrase a ExpoOrdes 2020 en Ordes (A Coruña) e posteriormente, do 4 ao 7 de xuño, Salimat 2020 en Silleda (Pontevedra). Unha oportunidade única para promocionar os teus produtos ou servizos e establecer relacións comerciais con clientes e provedores, así como relacións de colaboración con outras entidades participantes.
Se tes interese e formas parte dunha entidade de economía social, inscríbete antes do 15 de marzo a través do correo electrónico economiasocial.emprego@xunta.gal.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Queres abordar con éxito a túa idea de negocio?
Aprende de xeito práctico como facelo a través de pautas, recursos e coñecementos básicos que permiten emprender baixo as fórmulas de economía social.
Datas: 16/03/2020 - 06/04/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
É o momento de poñer en práctica o teu proxecto cooperativo
Coñece os pasos que hai que dar para emprender como empresa cooperativa comezando por analizar as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución.
Datas: 18, 20, 25 e 27/03/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Duración: 20 h
Lugar: IES Isaac Díaz Pardo, rúa Lagoa, 19, Sada, A Coruña
Inscricións: formulario / 881929057 / aedl@concellodesada.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Precisas financiamento para o teu negocio?
Descubre as distintas liñas de axuda existentes para as entidades de economía social e as cooperativas e como realizar a súa tramitación.
Data: 23/03/2020
Horario:10:00 - 14:00 h
Lugar: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, rúa de Ramón Piñeiro, 17-19, 15702 Santiago de Compostela
Inscricións: formulario / 881887456 / tino@espazo.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|