|
Boletín Rede Eusumo Nº 258 15/02/2024
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a convocatoria de axudas a centros especiais de emprego (CEE)
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade a través de tres programas:
- Programa I: apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego
- Programa II: creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica
- Programa III: mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade
O prazo de solicitude remata o 14 de marzo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicadas as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción
A Administración autonómica publica hoxe as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción e as súas entidades promotoras co obxectivo de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social a través de dous programas:
- Programa I: destinado ao mantemento do custo salarial
- Programa II: destinadas a compensar os custos adicionais do emprego
O prazo de solicitude abre o 16 de febreiro e finaliza o 30 de setembro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solicita asesoramento gratuíto na Rede Eusumo!
Desde a Rede Eusumo ofrecemos un servizo gratuíto de asesoramento para calquera persoa que teña interese en crear ou consolidar unha entidade de economía social:
- Análise da viabilidade do proxecto
- Proceso de constitución
- Elaboración de estatutos
- Busca de financiamento
- E moito máis...
Solicita máis información no 610 17 43 89 ou escríbenos a eusumo.emprego@xunta.gal
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xestiona a túa entidade de economía social de xeito máis sinxelo
Coñece as principais ferramentas que che axudarán na xestión da túa entidade e que contribuirán a facilitar o traballo colaborativo e a organización interna.
Datas: do 23 de febreiro ao 8 de marzo
Horas: 40
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma
|
|
|
|
Resolve as túas dúbidas sobre as liñas de axudas destinada ás cooperativas para este 2024
EspazoCoop organiza este encontro para informar e aclarar as dúbidas que teñan as cooperativas sobre as liñas de axudas publicadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Data: 20 de febreiro
Horario: de 9:00 h a 11:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete aos encontros de mulleres socias e directivas de cooperativas agroalimentarias
Agaca organiza estes encontros co obxectivo de darlle visibilidade á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario.
Datas: 21, 23 e 28 de febreiro
Horario: de tarde
Modalidade: presencial
Lugares: sede de Xallas (Santa Comba), Adega Condes de Albarei (Cambados) e sede de Paco&Lola (Meaño)
|
|
|
|
Participa neste encontro sectorial de ensino en Ourense
EspazoCoop organiza un encontro sectorial de ensino no que se xerará un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as persoas que participen.
Data: 24 de febreiro
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Colexio Guillelme Brown (A Merteira)
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|