|
Boletín Rede Eusumo Nº 257 08/02/2024
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rivo informa en Ourense das axudas ao emprendemento para este 2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade informou, durante unha xuntanza cos comerciantes do Centro Comercial Ponte Vella, das axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas e emprendedoras, á economía social e á mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas.
Rivo tivo a oportunidade de debullar as axudas que buscan facilitar as iniciativas de emprendemento, e contribuír así ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade, e ao mantemento empregos de calidade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a convocatoria das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP
A Consellería do Mar publica as bases reguladoras das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos GALP no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.
Esta convocatoria repartirá un total de 19.550.000 € en tres anualidades, dos que 5.000.000 € corresponden ao GALP Ría de Vigo-A Guarda.
A convocatoria permanecerá aberta ata o 1 de marzo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicadas as bases reguladoras das axudas a proxectos colectivos dos portos pesqueiros
As confrarías de pescadores, as cooperativas e as asociacións do sector pesqueiro, entre outras entidades, poden solicitar estas axudas destinadas a mellorar os seguintes aspectos:
- A eficiencia enerxética
- A protección do ambiente
- A seguridade e as condicións de traballo
- A calidade e o incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos
- A seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático
O prazo de presentación de solicitudes pecha o 29 de febreiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto o prazo de solicitude das axudas para as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca as axudas dirixidas ás entidades socias da Rede Eusumo para que desenvolvan accións de divulgación, formación e asesoramento entre 2024 e 2025.
A previsión é que se poidan beneficiar destas achegas unhas 40 entidades, que poderán realizar accións de promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social para preto de 4000 persoas.
O 26 de febreiro é a data límite para presentar as solicitudes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solicita as axudas para sufragar os gastos de funcionamento das entidades de economía social
O Goberno autonómico ten aberta a convocatoria para o ano 2024 das axudas destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
Esta iniciativa busca facer efectiva a promoción das organizacións representativas que forman parte da economía social.
O prazo de solicitude remata o próximo 26 de febreiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova teleformación para a mocidade sobre o emprendemento cooperativo
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo, organiza esta formación en liña co obxectivo principal de achegarlle o modelo cooperativo á mocidade, así como mostrar as condicións e os pasos que cómpre dar para emprender.
Datas: do 14 ao 29 de febreiro
Horas: 25
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
Coñece como utilizar o poder da publicidade en Facebook e Instagram
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza esta formación en colaboración coa Rede Eusumo para dar a coñecer as posibilidades e o alcance da ferramenta Facebook Ads para deseñar unha estratexia integrada co plan de márketing dixital.
Datas: do 19 ao 23 de febreiro
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Horas: 20
Modalidade: en liña
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xestiona a túa entidade de economía social de xeito máis sinxelo
Coñece as principais ferramentas que che axudarán na xestión da túa entidade e que contribuirán a facilitar o traballo colaborativo e a organización interna.
Datas: do 23 de febreiro ao 8 de marzo
Horas: 40
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|