LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 255 25/01/2024
 
              
            
Aberta a convocatoria de subvencións para as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca un ano máis as axudas dirixidas ás entidades socias da Rede Eusumo para que desenvolvan accións de divulgación, formación e asesoramento entre 2024 e 2025.

A previsión é que se poidan beneficiar destas achegas unhas 40 entidades, que poderán realizar accións de promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social para preto de 4000 persoas.

O 26 de febreiro é a data límite para presentar as solicitudes.

 

 

 

         
         
Publicadas as bases reguladoras das axudas aos gastos de funcionamento das entidades de economía social
O Goberno autonómico abre a convocatoria para o ano 2024 das axudas destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

Esta iniciativa busca facer efectiva a promoción das organizacións representativas das entidades que forman parte da economía social.

O prazo de solicitude remata o próximo 26 de febreiro.

 

 

 

         
         
Xa se poden presentar as solicitudes do Bono Consolida Economía Social
A Administración autonómica abre a convocatoria do Bono Consolida Economía Social para a anualidade 2024.

Con esta iniciativa, o Goberno contribúe ao impulso da actividade económica deste tipo de entidades, incrementando a súa competitividade e mantendo empregos de calidade.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 25 de marzo.

 

 

 

         
         
Rivo pon en valor a Estratexia da Economía Social Horizonte 2027
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo en valor a Estratexia da Economía Social Horizonte 2027 na clausura dos 'Cafés con aroma a economía social' organizados desde o Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal).

Esta nova estratexia fomentará o crecemento das empresas e contribuirá a crear outras novas atendendo á diversificación de sectores.

             
 
         
             
         

 

A economía social e a modernización do sector agroalimentario

Agaca lanza esta nova formación, a distancia e gratuíta, relacionada coa calidade alimentaria, a preservación do medio e a divulgación do papel do cooperativismo.

Datas: do 1 de febreiro ao 17 de marzo
Horas: 70
Modalidade: en liña
Plataforma: elearning.laceseconomiasocial.com
Inscrición: a través desta ligazón

           Consigue que a túa entidade teña presenza nos medios!

Descubre o papel estratéxico que ten a comunicación nunha empresa e adquire destrezas básicas para saber actuar en calquera situación.

Datas: do 6 ao 20 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

 

 

 

         
           
  Descubre novas oportunidades de negocio no sector agroalimentario galego

Agaca organiza esta xornada formativa sobre as oportunidades de negocio que estará centrada na produción do té galego, un ámbito agroalimentario de interese crecente na nosa comunidade.

Data: 8 de febreiro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Inscrición: a través deste formulario

         
   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela