LOADING

  Boletín Rede Eusumo Nº 250 14/12/2023
 
        
   
A creación de cooperativas bate récords en Galicia segundo o Informe da economía social 2022
O Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (Cecoop), dependente da USC e co apoio da Xunta, presentou o Informe da economía social de Galicia 2022.

Este informe reflicte que, durante o 2022, se crearon 142 cooperativas, a cifra máis elevada da serie histórica, con 542 socias e socios promotores, dos cales o 50% son mulleres.

Nese mesmo período de tempo, tamén se constituíron 24 sociedades laborais e 7 centros especiais de emprego na nosa comunidade.

       
   
A Xunta reforza o papel feminino na economía social a través do programa Medrando Xuntas
As participantes deste programa formativo puideron compartir as súas experiencias no I Encontro: Mulleres de Medrando Xuntas.

Este programa gratuíto, que cumpre xa 7 anos e que durante este tempo formou un total de 341 mulleres, ten como obxectivo promover o talento destas nas organizacións da economía social, avanzar no seu desenvolvemento profesional e ofrecer un curso específico centrado no apoderamento feminino.

       
   
Solicita o asesoramento gratuíto da Rede Eusumo!
Desde a Rede Eusumo ofrecemos un servizo gratuíto de asesoramento para calquera persoa que teña interese en crear ou consolidar unha entidade de economía social.
  • Análise da viabilidade do proxecto
  • Proceso de constitución
  • Elaboración de estatutos
  • Busca de financiamento
  • E moito máis...

Solicita máis información no 610 17 43 89 ou escríbenos a eusumo.emprego@xunta.gal

   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela