|
Boletín Rede Eusumo Nº 246 16/11/2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A economía social en cifras no 1.º semestre do 2023
Neste informe recóllese a información sobre o acontecido durante o primeiro semestre do 2023 en canto á situación da economía social en Galicia e as accións realizadas a través da Rede Eusumo, así como as axudas concedidas e os acontecementos máis destacados neste eido.
Podes acceder ao informe completo desde a nosa web.
|
|
|
|
|
|
|
|
O informe GEM 2022/2023 destaca que a economía social é un modelo cada vez máis valorado
No capítulo seis deste informe inclúese por primeira vez o papel da economía social en Galicia, e destácase que representa o 7 % do PIB autonómico e que implica a máis de cen mil persoas na comunidade.
Durante a súa presentación, a conselleira, Elena Rivo, destacou a resistencia e a fortaleza deste sector nos períodos de crise e subliñou a sustentabilidade e os valores como a equidade, a cohesión social e a solidariedade destas empresas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resolve as túas dúbidas sobre a economía social coa Rede Eusumo
Participa nesta sesión e coñece o cooperativismo e as sociedades laborais como modelos para emprender, así como experiencias reais de entidades galegas.
Data: 23 de novembro
Horario: de 17:00 h a 18:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: inscríbete antes do 23 de novembro a través desta ligazón
|
|
Sabes como implementar a RSE nunha entidade de economía social?
Desde a Rede Eusumo lanzamos esta formación para dar a coñecer o concepto de RSE, así como a metodoloxía e as ferramentas para analizar e avaliar a súa incorporación nunha entidade.
Datas: do 28 de novembro ao 12 de decembro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación ata o 27 de novembro
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|