|
Boletín Rede Eusumo Nº 244 02/11/2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita as entidades da economía social no Xantar 2023
Desde hoxe e ata o 5 de novembro poderás asistir de forma gratuíta ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se leva a cabo en Expourense.
Achégate por esta feira gastronómica e coñece as entidades da economía social galega que estarán presentes: Bico de Xeado, Campo Capela, Erica Mel, Tres Fuciños, Vinos Barco e Viña Costeira.
|
|
|
|
|
|
|
|
A UVigo e Agaca presentan unha nova ferramenta para o cooperativismo e a economía social
Trátase dun Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social que permite o estudo e o coñecemento profundo do cooperativismo agroalimentario en Galicia.
A conselleira participou na xornada e aproveitou a ocasión para lembrar que o Goberno galego está a deseñar unha nova estratexia de economía social e está a elaborar a nova lei de cooperativas.
|
|
|
|
|
|
|
|
Galicia é a primeira comunidade en canto á reserva dos contratos nos seus procesos de licitación
Así o destacou a conselleira, Elena Rivo, no Congreso estatal das empresas de inserción que se celebrou en San Sebastián, cidade que neste 2023 toma o relevo de Santiago de Compostela como Capital da Economía Social.
Durante a xornada, Rivo destacou as medidas da Xunta que confirman que o emprego é a mellor contribución á política social.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inicia un proceso de internacionalización na túa entidade de economía social
Coñece os conceptos básicos e descubre a importancia do plan de internacionalización, así como a adaptación do produto ao novo mercado.
Datas: do 3 ao 17 de novembro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación na plataforma ata o 2 de novembro
|
|
Coñece o coaching como oportunidade para emprender en economía social
Saca o maior partido dos recursos existentes e analiza a túa idea de negocio desde diferentes perspectivas para lograr os teus obxectivos.
Datas: do 14 ao 28 de novembro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación na plataforma ata o 13 de novembro
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|