LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 243 26/10/2023
A Rede Eusumo promove o emprendemento no ámbito rural entre o alumnado do Concello de Cee
O Concello de Cee organizou unha xornada que estivo dirixida e dinamizada por un técnico especializado da Rede Eusumo.

Dito evento centrouse en trasladar as principais particularidades e características das entidades de economía social ás máis de 70 persoas que asistiron, entre as que se atopaban estudantes, persoas interesadas en emprender e persoal técnico con interese na materia.
Visita as entidades de economía social galegas que estarán presentes no Xantar 2023
A 24.ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico "Xantar" celebrarase entre o 2 e o 5 de novembro no recinto de Expourense (Ourense).

Trátase dunha feira na que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade leva anos promovendo a participación das entidades de economía social. Este ano estarán presentes Bico de Xeado, Campo Capela, Erica Mel, Tres Fuciños, Vinos Barco e Viña Costeira.


Coñece os procesos de internacionalización para as entidades de economía social

Datas: do 2 ao 16 de novembro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación na plataforma ata o 31 de outubro



Participa nesta xornada organizada por Agaca

Data: 30 de outubro
Horario: de 9:30 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino (Santiago)
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela