LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 241    11/10/2023
 
       
    A Xunta lanza novas formacións para persoas emprendedoras a través da Rede Eusumo

Desde agora ata final de ano, a plataforma en liña desta rede, Campus Eusumo, ampliará a súa oferta formativa con catro novos cursos destinados a todas as persoas emprendedoras que queiran ampliar os seus coñecementos no eido da economía social:
  • Contabilidade básica para a túa entidade de economía social
  • Procesos de internacionalización para entidades de economía social
  • O coaching como oportunidade para emprender
  • A RSE nas entidades de economía social
       
 
 


A Xunta aposta pola profesionalización e o fomento do benestar laboral nas entidades da economía social

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no peche da xornada de difusión dos resultados do proxecto Rede Tool Lab.

Trátase dunha iniciativa dirixida a entidades da economía social sen ánimo de lucro que prestan servizo ás persoas con discapacidade, co obxecto de transformar o seu modelo organizativo e de xestión.
 

Ver máis

       
 
   
       
 
 

Únete a esta xornada de emprendemento cooperativo no ámbito rural

Desde a Rede Eusumo organizamos esta xornada no Concello de Cee co obxectivo de amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o modelo empresarial máis axeitado para emprender na actualidade.

Data: 17 de outubro
Horario: de 10:00 h a 12:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Casa da cultura de Cee
Inscrición: a través de orientacion.laboral@cee.gal / 981 74 51 00

Ver máis

       
   

Dinamización do medio rural e influencia no turismo

O Concello da Veiga organiza esta actividade no marco da Rede Eusumo co obxectivo de promocionar e impulsar o cooperativismo na Veiga. 

Datas: 14 e 15 de outubro
Modalidade: presencial
Lugar: Área recreativa do Coiñedo (A Veiga, Ourense)
Inscrición: a través de centropicolaprada@gmail.com / 603 71 96 73

Ver máis

       
   
Participa neste encontro en San Xoan de Río

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza esta mesa de traballo co obxectivo de identificar e xerar ideas de negocio sostibles empregando dinámicas lúdicas arredor de catro eixes:
  • A chegada do AVE e o turismo sostible
  • O futuro do comercio e a fronteira con Portugal
  • Os nosos maiores e o repoboamento do rural
  • O noso campo e a loita contra o lume
Datas: 16 de outubro
Horario: de 11:00 h a 19:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: praza de Gabino Rodríguez Álvarez (San Xoan de Río)
 
       
    Acto de Clausura do Laboratorio de Iniciativas Sostibles

A Confederación Empresarial de Ourense clausura neste acto as actividades realizadas dentro do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” que están a ser desenvolvidas ao longo deste ano 2023 no marco da Rede Eusumo.

Datas: 20 de outubro
Horario: de 11:00 h a 12:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Sede da Confederación Empresarial de Ourense
 
   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela