LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 238 21 / 09 / 2023


Nace a rede Tool Lab, que transformará a cultura organizativa no sector da discapacidade

Desde a Rede Eusumo facémonos eco do nacemento desta nova rede, liderada por unha das nosas entidades socias, a asociación San Xerome Emiliani.

Esta nova rede promoverá un cambio radical nos modelos organizativos e de xestión das entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos a persoas con discapacidade.

Do 4 ao 6 de outubro celebraranse tres xornadas de experimentación e difusión na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Ver máis

Transforma a túa idea de negocio en máis beneficiosa, social e sostible

Inscríbete nesta formación gratuíta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para mellorar o teu proxecto, independentemente da fase na que este se atope.

Ademais, se queres contar cun certificado de asistencia á formación, terás que completar, polo menos, dez das actividades propostas antes do 17 de outubro.


Datas: do 18 de setembro ao 18 de outubro de 2023
Horas: 40 h
Modalidade: en liña
Plataforma: aula virtual do Laboratorio de iniciativas sostibles
Inscrición:
a través desta ligazón

Ver máis

Descubre as oportunidades do cooperativismo no rural

Agaca organiza este obradoiro para achegar a fórmula cooperativa ás persoas que queren emprender no rural e que, deste xeito, coñezan outras oportunidades de negocio para desenvolver proxectos novidosos.

Data: do 26 de setembro ao 10 de outubro de 2023
Horario: de 10:00 h a 13:00 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

Mellora as túas habilidades para falar en público

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) lanza 15 únicas prazas para este curso totalmente práctico, a través do cal coñecerás as claves para gañar seguridade á hora de falar diante doutras persoas.

Data: 26 e 27 de setembro de 2023
Horario: de 16:00 h a 19:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: sede da Confederación Empresarial de Ourense
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Tes interese na promoción do patrimonio marítimo-pesqueiro?

Mar de Amicos organiza este obradoiro co obxectivo de intercambiar boas prácticas en materia de accesibilidade e inclusión entre as persoas asistentes.

Ademais, tamén se trasladarán os contidos da guía elaborada no marco deste proxecto con recomendacións específicas para cada actividade vinculada co patrimonio marítimo-pesqueiro.


Datas: 28 de setembro de 2023
Horario: de 11:00 h a 13:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: ata o 17 de setembro a través desta ligazón

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela