LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 230 27 / 07 / 2023

A Xunta apoia o turismo accesible e inclusivo a través da Rede Eusumo

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, asistiu á xornada final de Mar de Amicos, un proxecto que exemplifica o traballo que se leva a cabo desde a Rede Eusumo a favor da economía social.

Mar de Amicos desenvolve accións de turismo accesible e inclusivo a través das entidades de economía social e favorece a creación de empregos de persoas con discapacidade.

Ver máis

A Xunta pon en valor as entidades que impulsan a autonomía das persoas con discapacidade

A conselleira Elena Rivo, visitou Hornos de Lamastelle, unha entidade cualificada como Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social que en 2022 superou os 6 millóns de euros de facturación.

Esta iniciativa de éxito construirá unhas novas instalacións en Carballo, declaradas pola Xunta como Iniciativa Empresarial Prioritaria, que lles permitirá aumentar a súa capacidade e diversidade produtiva.

Ver máis

Inscríbete na nova edición do IN-TEAMS!

Trátase dun programa de emprendemento no que traballarás sobre unha idea de negocio para crear un proxecto empresarial de economía social.

Se participas, terás acceso a sesións formativas e recibirás asesoramento de persoas expertas para facer da túa idea un proxecto viable.

Ademais, as mellores propostas serán recoñecidas cun primeiro premio de 750 euros e un segundo premio de 500 euros.


Inscrición: ata o 31 de xullo a través deste formulario
Datas: as accións do programa iniciaranse en setembro
Máis información: inteams.creaeconomiasocial.com

Ver máis

Descubre ferramentas útiles para a xestión da túa entidade

Desde a Rede Eusumo lanzamos a cuarta edición deste curso gratuíto co obxectivo de ofrecer información sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.

Datas: do 4 ao 18 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 14 de agosto

Ver máis

Queres iniciar un proceso de internacionalización?

Inscríbete nesta formación gratuíta da Rede Eusumo na que as persoas participantes descubrirán como iniciar un proceso de internacionalización no seu negocio e aprenderán a tomar decisións estratéxicas que faciliten dito proceso.

Datas: do 8 ao 22 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 14 de agosto

Ver máis

Buscas financiamento para a túa entidade de economía social?

Desde a Rede Eusumo lanzamos a cuarta edición deste curso gratuíto co obxectivo de dar a coñecer os diferentes tipos de financiamento aos que poden optar as entidades de economía social

Datas: do 15 ao 29 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 14 de agosto

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela