|
Boletín Rede Eusumo Nº 228 13 / 07 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñeces o programa Emega?
Trátase dun conxunto de axudas que teñen como obxectivo facilitar a implantación e a consolidación de proxectos empresariais promovidos por mulleres, incluídos os proxectos do ámbito da economía social. Está estruturado en 4 liñas de axudas:
- Liña Emprende: para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego
- Liña Activa: para a reactivación e a consolidación de empresas
- Liña ITEF: para a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador
- Liña Concilia: axuda complementaria para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de agosto.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a convocatoria das axudas para apoiar iniciativas de emprendemento
A finalidade desta subvención é apoiar e impulsar iniciativas de emprendemento de autónomos e pequenas e medianas empresas, entre as que se inclúen as seguintes entidades da economía social:
- As sociedades cooperativas e laborais
- As empresas de inserción
- Os centros especiais de emprego
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de setembro.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres mellorar a xestión da túa cooperativa?
Desde a Rede Eusumo lanzamos esta teleformación gratuíta para todas as persoas que teñan unha cooperativa e precisen dunhas directrices para xestionala ou realizar algúns cambios. Daranse a coñecer determinados aspectos básicos que facilitarán a xestión diaria.
Datas: do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: ata o 17 de xullo
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete á teleformación "Desenvolvendo a idea cooperativa"
EspazoCoop organiza este curso dentro do programa "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega".
Esta formación busca que as persoas mozas coñezan o que deben analizar e o que hai que ter en conta para converter unha idea nun proxecto cooperativo viable.
Datas: do 17 de xullo ao 2 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa no curso "A economía social e a modernización do sector agroalimentario"
Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza a 14.ª edición desta formación gratuíta, no marco da Rede Eusumo, para dar a coñecer o cooperativismo no sector primario, así como as certificacións de calidade e ambientais que existen.
Datas: do 17 de xullo ao 28 de agosto de 2023
Horas: 70 h
Modalidade: en liña
Lugar: Campus Virtual de Formación para o Emprego
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Mar de Amicos celebra a súa xornada final de presentación de resultados
Durante o acto, farase entrega dos diplomas aos axentes de turismo inclusivo, presentarase o calendario de actividades dos vindeiros meses e levarase a cabo a primeira ruta do proxecto, na que coñeceremos a Lonxa de Ribeira.
Data: 19 de xullo de 2023
Hora: 16:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Nova Lonxa de Ribeira (A Coruña)
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|