LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 227 06 / 07 / 2023

Entrevistamos as entidades gañadoras dos Premios á Cooperación 2023

Con motivo da celebración do Día do Cooperativismo Galego e a entrega dos Premios á Cooperación 2023, desde a Rede Eusumo entrevistamos as cooperativas gañadoras:

  • Alén Sociedade Cooperativa Galega, que recibiu o premio aos valores cooperativos
  • Enraizando Sociedade Cooperativa Galega, premio ao mellor proxecto cooperativo novo
  • Ferrolana de Profesores de Autoescuela, Sociedade Cooperativa galega, que gañou o premio á traxectoria cooperativa

Ver máis

Coñeces as axudas destinadas ás entidades de economía social?

No apartado de "Axudas e subvencións" da nosa páxina web atoparás todas as axudas para a economía social que teñen a convocatoria aberta:

  • Bono Consolida Economía Social (15 de setembro)
  • Programa ES-Transforma (15 de setembro)
  • Programa APROL - Economía Social (15 de setembro)
  • Axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras (30 de setembro)

Ver máis

Descubre as particularidades de emprender en cooperativas e sociedades laborais

Desde a Rede Eusumo organizamos este obradoiro para todas as persoas que queiran resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución deste tipo de entidades. Amosaranse as vantaxes destes modelos empresariais, que son os máis axeitados para emprender na actualidade.

Data: 12 de xullo de 2023
Horario: de 12:30 h a 13:45 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

EspazoCoop organiza a xornada final do programa +COOP

+COOP é un programa de servizos de apoio á cidadanía para a creación de cooperativas, que se desenvolveu en colaboración coa Rede Eusumo.

O obxectivo desta xornada é presentar os resultados do programa, así como darlles visibilidade aos proxectos que foron beneficiarios de +COOP e crear un espazo de coñecemento mutuo.

Data: 14 de xullo de 2023
Horario: de 10:00 h a 12:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Silleda
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Únete á teleformación "Desenvolvendo a idea cooperativa"

EspazoCoop organiza este curso dentro do programa "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega".

Esta formación busca que as persoas mozas coñezan o que deben analizar e o que hai que ter en conta para converter unha idea nun proxecto cooperativo viable.

Datas: do 17 de xullo ao 2 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Participa no curso "A economía social e a modernización do sector agroalimentario"

Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza a 14.ª edición desta formación gratuíta, no marco da Rede Eusumo, para dar a coñecer o cooperativismo no sector primario, así como as certificacións de calidade e ambientais que existen.

Datas: do 17 de xullo ao 28 de agosto de 2023
Horas: 70 h
Modalidade: en liña
Lugar: Campus Virtual de Formación para o Emprego
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela