|
Boletín Rede Eusumo Nº 225 22 / 06 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galicia celebra o 1 de xullo o Día do Cooperativismo en Narón
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebra o vindeiro 1 de xullo o Día Internacional do Cooperativismo en Narón (A Coruña) baixo o lema “Cooperativas polo desenvolvemento sostible”.
A partir das 12:00 horas do mediodía entregaranse os Premios ao Cooperativismo 2023 e os premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino 2023 na modalidade de centros de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial.
Se queres asistir ao acto, deberás confirmar a túa asistencia mediante este formulario.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta recoñece o labor das mulleres na economía social na clausura do programa ‘Medrando Xuntas’
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no VI Foro participativo ‘Medrando Xuntas’ celebrado na bodega Paco e Lola de Meaño, onde clausurou este programa que potencia o liderado feminino na economía social.
Rivo interveu no acto para pór en valor as historias de vida e emprendemento das mulleres participantes, por contribuír a xerar este espazo de conexión, no que cada contribución suma e enriquece a rede que entre todas se está a tecer a prol da economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres emprender no ámbito da economía social?
Neste curso gratuíto poderás analizar a viabilidade dos teus proxectos e coñecerás os pasos que hai que dar para crear a túa entidade de economía social e as liñas de axuda e financiamento ás que podes optar para abordar con éxito o teu proxecto.
Datas: do 30 de xuño ao 14 de xullo de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 29 de xuño de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Datas: do 26 de xuño ao 11 de xullo de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: teleformación
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
FUNDAMAR organiza a xornada final do proxecto ESOPES/LAB
Este laboratorio de emprendemento en economía social ten como obxectivo estimular o emprendemento e a innovación entre o alumnado de FP, e impulsar a creación de ideas emprendedoras que acheguen solucións ás necesidades e retos do sector pesqueiro no marco dos valores da economía social.
Data: 28 de xuño de 2023
Horario: 12:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio Ramiro Gordejuela Puerto Pesquero (Vigo)
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|