|
Boletín Rede Eusumo Nº 224 15 / 06 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A economía social é un selo de identidade e calidade para Galicia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na clausura da asemblea da Economía Social Galega (Foroesgal), na que destacou a colaboración público-privada como esencial para fortalecer o modelo da economía social en Galicia.
Defendeu que é unha fórmula empresarial que está en continuo crecemento na nosa comunidade e avogou pola creación dun clúster de economía social como unha alianza para aproveitar sinerxías.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta premia o cooperativismo na nosa comunidade
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promove o cooperativismo en Galicia mediante a celebración de dous certames que xa foron resoltos nos últimos días: Cooperativismo no Ensino 2023 e Premios á Cooperación 2023.
Con motivo da celebración do Día Mundial do Cooperativismo o vindeiro 1 de xullo, a Xunta de Galicia procura destacar os principios desta fórmula económica entre a sociedade, así como recoñecer publicamente o traballo realizado polas cooperativas no seu compromiso coa igualdade, a proximidade e a xeración de emprego.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres ser axente de turismo inclusivo?
Mar de Amicos organiza un itinerario formativo adaptado a persoas con discapacidade. Está estruturado en tres cursos que teñen como obxectivo a promoción laboral dos participantes ao ámbito turístico marítimo-pesqueiro.
A presentación farase o 19 de xuño ás 10:00 h na Lonxa de Ribeira.
Datas: do 19 ao 30 de xuño de 2023
Modalidade: presencial e en liña
Lugar: Lonxa de Ribeira
Inscrición: ata o 16 de xuño a través de fundamar@fundamar.org
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete aos Venres Cooperativos!
No terceiro venres cooperativo visitarase a sede da cooperativa agraria Horsal e contarase tamén coa participación da cooperativa Factoría Atelier.
Esta iniciativa busca visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio.
Data: 16 de xuño de 2023
Horario: de 16:00 h a 18:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: instalacións de Horsal
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|