|
Boletín Rede Eusumo Nº 219 11 / 05 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a convocatoria das axudas á apicultura para o 2023
A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras das axudas á apicultura para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo de 2023 do Programa nacional apícola 2022-2027.
As cooperativas apícolas de Galicia poden acollerse a estas axudas co obxectivo de mellorar a produción e a comercialización dos seus produtos.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 9 de xuño de 2023.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no curso "O márketing dixital"
Desde a Rede Eusumo lanzamos a 4.ª edición deste curso gratuíto co obxectivo de facilitarlles novos métodos de márketing e comunicación ás empresas de economía social para que posicionen de forma óptima o seu proxecto.
Datas: do 16 ao 30 de maio de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 15 de maio de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
2.ª edición do programa NEW START
A entidade CIMO pon en marcha este programa formativo co obxectivo de fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en economía social e solidaria.
Datas: do 22 ao 25 de maio de 2023
Modalidade: presencial
Lugar: CIMO, centro de formación
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario ata o 19 de maio
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete á teleformación "Desenvolvendo a idea cooperativa"
EspazoCoop organiza este curso dentro do programa "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega".
Esta formación busca que as persoas mozas coñezan o que deben analizar e o que hai que ter en conta para converter unha idea nun proxecto cooperativo viable.
Datas: do 23 de maio ao 9 de xuño de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: aulaespazocoop.com
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|