|
Boletín Rede Eusumo Nº 215 13 / 04 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formas parte dunha cooperativa apícola?
A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras de axudas á apicultura do Programa nacional apícola 2020 - 2022 ás que se poden acoller as cooperativas apícolas de Galicia co obxectivo de mellorar a produción e a comercialización dos seus produtos.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de maio de 2023.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete na 3ª edición do curso "Como obter financiamento para entidades de economía social"
O obxectivo desta formación é dar a coñecer diferentes formas de financiamento ético e alternativo adaptadas aos principios da economía social así como mostrar as diferenzas existentes entre dúas fontes de financiamento opostas como son a banca tradicional e a banca ética.
Datas: do 18 de abril ao 2 de maio de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 17 de abril de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa no obradoiro "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Datas: do 18 de abril ao 2 de maio de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Súmate á xornada inspiradora "Boborás con futuro"
Esta primeira actividade do proxecto "Boborás, concello piloto para un rural máis social e sostible" consistirá na realización dunha xornada inspiradora para coñecer boas prácticas e xerar ideas que dean lugar a novas iniciativas arredor da economía social.
Data: 19 de abril de 2023
Horario: de 16:00 h a 20:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas (Boborás)
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|