|
Boletín Rede Eusumo Nº 212 23 / 03 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta inicia o programa 'Medrando Xuntas' para impulsar o talento feminino na economía social
Xa está en marcha a sétima edición do programa 'Medrando Xuntas'. Grazas a esta iniciativa autonómica, case 400 mulleres recibiron cualificación no ámbito da economía social nos últimos sete anos.
A través deste programa, o Goberno galego busca potenciar o papel das traballadoras no mercado laboral e darlle difusión á economía social como modelo en auxe para crear emprego de calidade, máis igualitario e sustentable.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Consulta o informe de actividades do ano 2022 da Rede Eusumo
Neste informe recóllese a información sobre o acontecido durante o 2022 en canto á situación da economía social en Galicia e as accións realizadas a través da Rede Eusumo, así como as axudas concedidas e os acontecementos máis destacados neste ámbito.
Podes acceder ao informe desde a nosa web.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Súmate ao encontro de cooperativas do sector de asesorías e consultorías
EspazoCoop organiza este encontro entre cooperativas, socias e non socias, que realizan a súa actividade no sector de asesorías e consultorías, para xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as entidades e as persoas participantes.
Data: 24 de marzo de 2023
Horario: de 9:30 h a 11:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Emprendemento cooperativo para a mocidade"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de achegarlle o modelo cooperativo á mocidade e mostrarlle as condicións e os pasos que teñen que dar para emprender neste modelo, así como os recursos e as medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento.
Datas: do 28 de marzo ao 10 de abril de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: teleformación
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A Facultade de Dereito acolle a actividade 'Emprendemento: o caso das EIL. Pontes ao mercado laboral'
AEIGA organiza esta actividade co obxectivo de difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral de Galicia, ademais de complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais da área xurídica das empresas de inserción.
Data: 29 de marzo de 2023
Horario: de 12:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Facultade de Dereito da USC
Máis información: www.aeiga.org | 881 957 452 | 698 120 455
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A actividade 'Emprendemento: o caso das EIL. Pontes ao mercado laboral' desenvolverase tamén na Facultade de Psicoloxía
AEIGA organiza esta actividade co obxectivo de difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral de Galicia, ademais de complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais da área social das empresas de inserción.
Data: 29 e 30 de marzo de 2023
Horario: de 17:00 h a 19:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Facultade de Psicoloxía da USC
Máis información: www.aeiga.org | 881 957 452 | 698 120 455
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|