|
Boletín Rede Eusumo Nº 211 16 / 03 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta reforza a súa aposta pola economía social no último ano a través da Rede Eusumo
A Rede Eusumo, que traballa na divulgación dos valores e o impulso da economía social entre a poboación e para o emprendemento, contribuíu no 2022 á creación de 27 entidades novas neste sector e titorizou 120 proxectos enmarcados nesta fórmula de negocio.
Ademais, durante o ano pasado, esta rede formou máis de 1300 persoas mediante a realización de 79 cursos e asesorou un total de 232 persoas para emprender a súa actividade no marco da economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Anótate na actividade "Economía circular e empresas de inserción laboral: emprendemento en sectores estratéxicos"
Aeiga organiza esta actividade dirixida a persoas emprendedoras e entidades de iniciativa social co obxectivo de achegarlles os coñecementos necesarios para que poidan recoñecer as oportunidades de emprego e adquiran as capacidades necesarias para poñer en marcha proxectos empresariais no marco da economía circular e as empresas de inserción.
Datas: 22, 23, 24, 30 e 31 de marzo de 2023
Horas: 25 h
Modalidade: presencial
Lugar: edicifico Cersia (Santiago de Compostela)
Inscrición: a través de medioambiente@aeiga.org ou 604 075 195.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa na xornada "Muller e agrocooperativo en Galicia"
Agaca, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza esta xornada co obxectivo de dar a coñecer a evolución dos datos da presenza de mulleres socias nas cooperativas agroalimentarias galegas.
Datas: 24 de marzo de 2023
Horario: de 11:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
Inscrición: antes do 20 de marzo de 2023 a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Emprendemento cooperativo para a mocidade"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de achegar o modelo cooperativo á mocidade, mostrándolles as condicións e os pasos que hai que dar para emprender neste modelo, así como os recursos e as medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento.
Datas: do 28 de marzo ao 10 de abril de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: teleformación
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|