|
Boletín Rede Eusumo Nº 209 02 / 03 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta apoia o fomento do emprendemento en economía social no concello de Barro
Luis López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou esta semana dúas empresas que recibiron achegas por un importe global de 46 500 euros, ao abeiro do programa Aprol Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego. Con este tipo de axudas foméntase o emprendemento e a incorporación das persoas desempregadas e traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.
Así mesmo, nese acto, o delegado territorial aproveitou a ocasión para convidar a todas as persoas emprendedoras do ámbito da economía social a que concorran novamente ás axudas do programa Aprol Economía Social 2023.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Descubre a nosa sección de vídeos
Nesta sección da nosa web atoparás información sobre a economía social e o mundo do cooperativismo, así como entrevistas de interese de persoas que apostan por esta alternativa laboral.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solicita a túa praza no programa Medrando Xuntas para directivas
A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas Directivas, para potenciar as capacidades directivas das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional.
Datas: do 17 de marzo ao 16 de xuño de 2023
Modalidade: en liña (Zoom) e presencial
Duración: 70 horas
Inscrición: ata o 9 de marzo de 2023 a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Solicita a túa praza no programa Medrando Xuntas para socias e traballadoras
A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas Socias e Traballadoras, para apoderar as mulleres pertencentes ás organizacións de economía social en contornas urbanas e rurais.
Datas: do 4 ao 27 de abril de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 9 de marzo de 2023 a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio"
AGACA organiza unha nova edición deste obradoiro co obxectivo de dar a coñecer os conceptos de empresa cooperativa e de persoa emprendedora, así como as oportunidades que ofrece este modelo no ámbito rural.
Datas: do 14 ao 28 de marzo de 2023
Modalidade: aula virtual
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|