LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 204 26 / 01 / 2023
 
       
   



Aberta a convocatoria do 2023 das axudas ao funcionamento das entidades asociativas de economía social

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para o ano 2023 da axuda ao funcionamento das entidades asociativas de economía social, cunha dotación total de 330 000 euros. 

A finalidade desta axuda é apoiar ás entidades representativas da economía social nos seus gastos de organización interna e funcionamento.

Ver máis

       
   


O CIRIEC invita á presentación de propostas de actividades para a 4ª Semana Universitaria da Economía Social 2023

A Rede ENUIES, de CIRIEC-España, convoca os centros, institutos, cátedras e demais estruturas de investigación en economía social á celebración da 4ª Semana Universitaria da Economía Social, que terá lugar do 20 ao 30 de marzo do 2023.

O obxectivo é poder completar conxuntamente unha ampla axenda de actos que lle dean máis visibilidade á economía social desde o ámbito universitario.

Ver máis

       
 
   
       
   


11ª edición do curso "A economía social e a modernización do sector agroalimentario"

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza a 11ª edición desta formación gratuíta, no marco da Rede Eusumo, para dar a coñecer o cooperativismo no sector primario, así como as certificacións de calidade e ambientais que existen.

Datas: do 6 de febreiro ao 13 de marzo de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Virtual de Formación para o Emprego
Duración: 70 horas

Ver máis

       
   

Sabes como obter financiamento para a túa entidade de economía social?

Accede á 2ª edición deste curso gratuíto, onde se fai unha análise dos diferentes tipos de financiamento aos que poden optar as entidades de economía social. O obxectivo é dar a coñecer diferentes formas de financiamento ético e alternativo adaptadas aos principios da economía social así como mostrar as diferenzas existentes entre dúas fontes de financiamento opostas como son a banca tradicional e a banca ética.

Datas: do 1 ao 15 de febreiro de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 31 de xaneiro de 2023

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela