LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 201 05 / 01 / 2023
 
         
     

O impacto do novo sistema de cotización para os autónomos nas entidades de economía social

O pasado 1 de xaneiro de 2023 entrou en vigor o Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomos.

Na familia da economía social, as fórmulas xurídicas que se ven afectadas por este decreto son as persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado e as persoas socias traballadoras das sociedades laborais.

Ver máis

    aa    
     

O programa Es-Mentoring proporciona orientación e axuda para mellorar as estratexias de negocio de 20 empresas da economía social

Lorenzana participou o 26 de decembro en Santiago de Compostela na xornada de resultados do programa Es-Mentoring, unha nova iniciativa piloto que impulsaron de xeito conxunto Agaca, EspazoCoop e a Xunta de Galicia no 2022.

Trátase dun programa dirixido a empresas que se atopan nun momento de crise ou proceso de cambio e que están interesadas en recibir asesoramento sobre como abordar a situación.

Ver máis

         
     

A Xunta investirá máis de 1,2 millóns de euros nas axudas para impulsar a contratación nas empresas de inserción

En 2023, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aumentará nun 24 % os apoios destinados ás empresas de inserción, ata chegar a un total de 1 240 000 euros.

Este orzamento destinarase á contratación de persoas en risco de exclusión social, estímase que unhas 144 este ano, e á creación de novas empresas de economía social.

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela