|
Boletín Rede Eusumo Nº 198 16 / 12 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta amplía ata os 11 millóns de euros a liña Xempre Emprendemento para axudar a pemes, a autónomos e a entidades de economía social
O pasado venres publicouse no Diario Oficial de Galicia a ampliación de crédito de máis de 8,2 millóns de euros aprobada polo Goberno galego para a liña de apoios Xempre Emprendemento, que busca axudar a pemes, a autónomos e ás entidades de economía social a financiar gastos derivados da adquisición de equipamentos informáticos, mobiliario, reforma de locais ou de eficiencia enerxética.
Ver máis
|
|
|
aa |
|
|
|
|
|
|
Entrevistamos a Desniveis
Desniveis é unha cooperativa xuvenil formada por 3 arquitectas de profesión: Ana, Daniela e Marta.
Fascinadas por Galicia e a súa paisaxe, a súa actividade principal está centrada na creación de diferentes produtos e deseños nos que representan distintos elementos, lugares e paisaxes, como as Illas Atlánticas.
Descubre o seu traballo a través do seu Instagram e a súa web www.desniveis.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta destaca en Madrid que a economía social é un modelo que en Galicia emprega a máis de 14 000 traballadores
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social participou na mesa redonda Como trasladar a nivel territorial as medidas do Plan de Acción Europeo a través das estratexias e políticas autonómicas para a economía social?, onde destacou que este modelo empresarial en Galicia está conformado por preto de 14 000 persoas traballadoras nas máis de 3000 entidades que operan neste segmento da economía, representando o 7 % do PIB.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|