LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 173  23/ 06 / 2022
 
   

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2022

O próximo 2 de xullo ás 12 horas terá lugar o inicio do día do cooperativismo galego no Parque da música en Santiago de Compostela e baixo o lema "As cooperativas constrúen un mundo mellor".

Nesta gala organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade farase entrega dos premios á cooperación e dos premios a proxectos empresariais cooperativos do Certame Cooperativismo no ensino deste ano 2022.

       
   

Covadonga Toca participou no encontro mundial do cooperativismo celebrado en Sevilla

O martes 21 de xuño tiña lugar en Sevilla o encontro mundial "Cooperativas: el momento es ahora" no que interviña a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca.

A representante da Xunta destacaba no seu discurso o dinamismo da economía social galega e recordaba que Galicia é a comunidade autónoma pioneira, e ata agora única, en realizar adaptacións da lexislación de economía social á normativa autonómica, tendo en conta as particularidades do territorio e da economía de Galicia.

       
 
   
   

A nova Lei de recuperación de terras agrarias

Esta acción formativa impartida por persoal do área de movilidade de terras, abordará cuestións como a problemática do abandono da terra; o procedemento de investigación da titularidade das terras; o banco de terras de Galicia; as cesións e os arrendamentos pactados; os sistemas de xestión conxunta como as aldeas modelo; os espazos agrarios de transformación; os polígonos agroforestais; e as permutas de especial interese agrario, entre moitas outras cuestións. 

Datas: do 27 de xuño ao 1 de xullo
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Modalidade: formación en liña a través de Zoom
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Emprendemento e empresas de inserción laboral

Esta acción formativa organizada por Aeiga ten como público obxectivo o persoal técnico e administrativo das entidades que traballan no ámbito da inclusión, pero tamén a poboación en xeral.

Nestas 25 horas de formación búscase promover a creación de novas empresas de inserción galegas; complementar a formación técnica e práctica dos seus profesionais nas áreas xurídica, económico-empresarial e social; así como difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e sociolaboral en Galicia.

Datas: do 27 de xuño ao 1 de xullo
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: no edificio CERSIA, rúa do Alcalde Raimundo López, pol. s/n, Santiago de Compostela
Inscrición: a través desta ligazón ou a través de aeigagalicia@aeiga.org

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela