|
Boletín Rede Eusumo Nº 115 29 / 04 / 2021
|
|
|
|
|
|
Estás pensando en internacionalizar a túa entidade de economía social?
Coñece os factores que se deben ter en conta para comezar o proceso de internacionalización a través desta infografía.
Ademais, no apartado de documentación da nosa web, podes consultar outra información de interese relacionada coa economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Como xestionar conflitos nas entidades de economía social
Toda organización precisa poñer en marcha órganos sociais eficaces para o manexo de reunións eficientes e de equipos de traballo unidos. Para iso, precísase dispoñer de ferramentas e coñecementos tanto teóricos como prácticos, que adquirirás neste curso.
Datas: 4, 5, 6, 11 e 12/05/2021
Horario: 10:00 - 13:00 h
Modalidade: en liña
Duración: 15 h
Inscricións: formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A contabilidade, unha parte fundamental nas entidades de economía social
A través desta formación poderás aprender, desde un punto de vista práctico, que é e para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo; coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa para a toma de decisións; obter ferramentas contables para facer previsións; e saber interpretar os estados financeiros.
Datas: 12-31/05/2021
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com
Celebraranse catro sesións virtuais de aprendizaxe os días 12, 19, 26 e 31 de maio de 11:00 a 12:30 h
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A xestión das cooperativas en tempos de crise
No marco do programa #Saímoscooperando realízase o obradoiro Dirixir en tempos de crise, que se divide en catro sesións virtuais de aprendizaxe: planificación estratéxica, organización cooperativa, comercial, economía e finanzas.
Ata o momento está aberto o prazo para inscribirse ás dúas primeiras sesións. Na primeira delas abordaranse aspectos de planificación para favorecer e prestar apoio na dirección de empresas cooperativas e, na segunda, abordaranse aspectos e temas organizativos para prestar apoio na mellora da dirección de sociedades cooperativas.
Se tes interese en coñecer máis sobre estas sesións, podes acceder á nosa web e consultar o programa completo.
Datas: 18-24/05/2021 (Planificación estratéxica); 31/05/2021 - 06-06-2021 (Organización cooperativa)
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com
As sesións virtuais de aprendizaxe celebraranse de 11:00 - 12:00 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Establece alianzas para colaborar no ámbito público
Coñece as oportunidades de negocio no campo da contratación pública para presentarse a licitacións de maneira conxunta. Para iso é necesario analizar e decidir con quen cooperar e saber elaborar unha proposta. Ademais, neste curso, abordarase o tema da adxudicación e a execución de contratos e, de maneira transversal, a presentación de experiencias e boas prácticas.
Datas: 18/05/2021-01/06/2021
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 16:30 a 19:00 h
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Lánzate a emprender baixo a fórmula do autoemprego cooperativo
Aprende todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, así como diferentes experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
Datas: 20/05/2021 - 18/06/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 21 de maio, 2 e 25 de xuño de 11:00 a 12:30 h
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|