|
Boletín Rede Eusumo Nº 112 08 / 04 / 2021
|
|
|
|
|
|
Certame Cooperativismo no Ensino 2021
O próximo 30 de abril remata o prazo para participar no Certame Cooperativismo no Ensino.
Os traballos presentados poderán optar aos premios das seguintes categorías: actividades artísticas, cooperativizadas ou proxectos empresariais.
Ver máis
|
|
|
|
Premios á Cooperación 2021
Ata o 30 de abril, as cooperativas interesadas poden presentar as súas candidaturas e optar a un dos premios á cooperación nas seguintes modalidades: valores cooperativos, mellor proxecto cooperativo novo ou traxectoria cooperativa.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Encontro da mocidade dos órganos directivos das cooperativas agroalimentarias
Con esta actividade búscase achegarlles ás novas xeracións das cooperativas agroalimentarias os coñecementos necesarios para incrementar a súa presenza nos órganos directivos, así como crear un aliciente para atraelos ao medio rural a través de determinadas ferramentas dixitais.
Data: 21/04/2021
Horario: 10:00 -13:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / hmougan@agaca.coop / 981584911
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Ferramentas dixitais útiles para a túa entidade!
Formación en liña para coñecer novas ferramentas dixitais que faciliten a xestión diaria da túa entidade de economía social, o traballo colaborativo, a organización de tarefas e proxectos, a comunicación interna e externa e a venda en liña.
Datas: do 22/04/2021 ao 11/05//2021
Modalidade: en liña
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / eusumo.emprego@xunta.es / 981558008
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontros sectoriais ou temáticos - Programa #Saímoscooperando 2021
O próximo 14 de abril terá lugar o primeiro dos encontros coa presentación do programa #Saímoscooperando 2021, e no que se informará dos seus contidos, ademais de difundirse boas prácticas, recursos e liñas de cooperación vinculadas á temática do encontro, neste caso, sobre ferramentas telemáticas para a mellora na xestión e na planificación das cooperativas.
Neste encontro preténdese facilitar o proceso de solicitude ás actividades do programa para as cooperativas interesadas e que permanecerá aberto ata o 21 de abril, para un posterior proceso de selección de quince beneficiarias.
O programa #SaímosCooperando ten como obxectivo xeral a mellora da xestión e a consolidación das cooperativas na actual contorna de crise, a través da oferta mixta de actividades (acompañamento, formación e encontros virtuais).
Datas: 14/04/2021
Horario: 09:30 - 11:30 h
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com
Inscricións: formulario / roberto@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|