|
Boletín Rede Eusumo Nº 110 25 / 03 / 2021
|
|
|
|
|
|
Resultados da Rede Eusumo no 2020
Nesta infografía podes coñecer en detalle os datos relativos ás actividades realizadas pola Rede Eusumo durante a anualidade 2020 en asesoramento, formación, actividades divulgativas, comunicación e moito máis.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A cooperativa A Carqueixa gaña o Premio Aresa 2021
Os premios Aresa, que contan con máis de 20 anos de historia, galardoan nesta edición a cooperativa A Carqueixa, cunha dotación de 10 000 euros, polo seu labor como entidade dedicada á cría e á venda de vacún galego.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
O cultivo do cánabo como oportunidade de negocio!
Un dos temas principais que se abordarán neste meeting é o cultivo de cánabo como oportunidade de negocio no sector primario, do que varios profesionais contarán as súas experiencias produtivas. Ademais, falarase das habilidades emprendedoras necesarias para formar parte dunha cooperativa, así como das axudas públicas existentes coas que contar.
Data: 13/04/2021
Horario: 10:00 -14:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / agaca@agaca.com / 981584783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A produción e a comercialización do porco celta, unha oportunidade de negocio!
Neste meeting falarase das habilidades emprendedoras necesarias para formar parte dunha cooperativa, así como das oportunidades de negocio no sector primario relativas á produción e á comercialización do porco celta, da man de profesionais neste ámbito, que contarán as súas experiencias. Tamén se informará sobre as axudas públicas existentes para desenvolver a idea de negocio.
Data: 15/04/2021
Horario: 10:00 - 14:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / agaca@agaca.com / 981584783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|