LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 109  18 / 03 / 2021
 
   

Información de interese sobre os centros especiais de emprego en Galicia

Cegasal xunto coa cooperativa Abeluria elaboran, no marco de actuacións da Rede Eusumo, un informe no que se analizan os dous tipos de centros especiais de emprego existentes en Galicia.  

Neste estudo destácase como se adaptan estes centros ao territorio, e a súa contribución á xeración de emprego entre persoas con discapacidade e á fixación de poboación no ámbito rural, entre outras cuestións. 

Ver máis

       
   

Resultados da Rede Eusumo e da economía social de Galicia 2020

Neste informe podes consultar en detalle os datos relativos á economía social en Galicia, á actividade da Rede Eusumo, ás axudas destinadas á economía social, así como os aspectos máis destacados no sector.

Ver máis

   
   

Almorzo sobre as oportunidades de negocio no sector cultural

Encontro telemático no que se abordarán as particularidades das cooperativas do sector cultural que servirá para presentar e abordar iniciativas, proxectos, colaboracións ou necesidades do sector, e promover a cooperación entre as entidades.

Data: 25/03/2021
Horario: 09:30 - 11:30 h
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com 
Inscricións: formulario / 881887456 / teresa@espazo.coop

Ver máis

       
   

Incorpora as TIC na túa entidade de economía social!

Se aínda non deches o salto tecnolóxico, esta é a túa oportunidade. Coñece as diferentes ferramentas de comunicación empresarial e de tratamento da información así como as vantaxes que as TIC poden proporcionarlle ao teu negocio e mellora a imaxe interna e externa da túa entidade. 

Datas: 07-28/04/2021
Duración: 40 h
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 7 e 28 de abril de 11:00 a 12:30 h
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

Pon en práctica a túa idea de negocio!

Coñece os pasos que hai que dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Para iso, debe terse en conta a viabilidade do proxecto analizando as áreas comercial e de mercado, económica e financeira e planificar a área organizativa e os trámites de constitución. 

Datas: 13 - 30/04/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 13 e 30 de abril de 11:00 a 12:30 h
Duración: 20 h 
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

Emprender mediante a fórmula do autoemprego cooperativo

Aprende todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, así como diferentes experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

Datas: 20/04/2021 - 19/05/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 20 de abril e 19 de maio de 11:00 a 12:30 h e o 3 de maio de 16:30 a 18:00 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop

Ver máis

       
   

Descubre as oportunidades de negocio para emprender no medio rural

Durante cinco sesións abordarase, a través de persoas especializadas na materia, a importancia de emprender; as estratexias para levar adiante as túas ideas de negocio con éxito; os posibles apoios e axudas públicas para poñer en marcha o teu proxecto;  a elaboración do Plan emprendedor; así como as oportunidades de negocio máis destacadas no medio rural.

Non o dubides e inscríbete! É o momento de sacar o máximo rendemento aos recursos cos que contamos. 

Datas: 20, 22, 27 e 29/04/2021 e 3/05/2021
Horario: 16:00 - 19:00 h
Modalidade: en liña a través da aula virtual
Inscricións: formulario / 981584783 / agaca@agaca.coop

Ver máis

       
   

Dá un paso máis aló para emprender baixo a fórmula cooperativa!

Se coñeces os pasos básicos que hai que dar para crear unha cooperativa, é o momento de centrarse en prototipar esa idea de negocio a través dun canvas e de elaborar un plan de empresa e constitución. Inscríbete e aprende como facelo!

Datas: 27/04/2021 - 26/05/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 28 de abril e 25 de maio de 11:00 a 12:00 h e o 12 de maio de 16:30 a 18:00 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop /

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela