|
Boletín Rede Eusumo Nº 105 19 / 02 / 2021
|
|
|
|
|
|
Axudas ás empresas de inserción laboral e as súas entidades promotoras. Convocatoria 2021
Publicadas as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, coa finalidade de impulsar a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social.
As entidades beneficiarias poderán solicitar axudas ao custo salarial das persoas en inserción e tamén para compensar os custos adicionais do emprego deste colectivo.
Podes consultar a orde premendo aquí.
O prazo para a presentación de solicitudes de axuda ao custo salarial finaliza o 12 de abril e para os custos adicionais o 30 de setembro.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas para o reequilibrio financeiro dos CEEIS e EIL. Convocatoria 2021
Coa finalidade de consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, publícanse no DOG as bases das axudas para o reequilibrio financeiro dos CEE de Iniciativa Social e EIL que tivesen perdas no exercicio 2020.
Podes consultar a orde premendo aquí.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 17 de marzo de 2021.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da covid-19
Publicadas as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da covid-19 a través de dous programas:
- Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas.
- Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica.
Podes consultar a orde premendo aquí.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 18 de marzo de 2021.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Como fomentar a economía social a través dunha empresa de inserción laboral!
Se traballas no ámbito da inclusión social e queres saber como emprender a través dunha empresa de inserción laboral, inscríbete! Abordarase todo o relativo ás empresas de inserción laboral, a súa constitución e cualificación, o persoal traballador e a promoción destas.
Datas: 1, 3, 5, 8, 10 e 12 de marzo de 2021
Horario: 10:00 - 12:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / aeigagalicia@aeiga.org / 881957452
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres aprender a desenvolver as túas capacidades directivas na xestión dunha cooperativa?
Nesta formación, as persoas que teñen funcións ou responsabilidades nos cadros directivos das súas organizacións poderán coñecer desde a práctica as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo así como recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e o resto do equipo.
Datas: 2-20/03/2021
Duración: 20 h
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 3 e 18 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Inscricións: formulario / 881887456 / patane@espazo.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición do curso "Lánzate a emprender en cooperativa"
Coñece todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, así como diferentes experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
Datas: 3-31/03/2021
Modalidade e horario: en liña a través de aulaespazocoop.com Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 4, 17 e 26 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
É o momento de proceder á transformación dixital do teu negocio!
Coñece as ferramentas e as canles dixitais necesarias para impulsar as vendas e adaptarte así aos novos tempos. Chegar a máis persoas depende de ti e da estratexia de marketing que decidas seguir, soamente tes que adaptala ao teu negocio e ás necesidades do mercado. Esperámoste para crear a túa!
Datas: 16-30/03/2021
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop.com Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16, 23 e 30 de marzo
Duración: 15 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|