|
Boletín Rede Eusumo Nº 035 03 / 10 / 2019
|
|
|
|
|
|
Entrevista á cooperativa e editora Catro Ventos
"O noso catálogo de libros medra porque en Galicia hai xente interesada en ler sobre economía social ou ecoloxía para mudar o seu estilo de vida"
A editorial Catro Ventos é un referente en publicacións neste sector, pero tamén en temas relacionados co medio natural ou consumo responsable. O seu labor consiste en ofrecer solucións editoriais para que empresas, entidades e particulares poidan levar a cabo un proxecto de edición completo ou calquera das súas fases.
Entre as súas publicacións máis destacadas atópanse Limpeza creativa, Caderno de campo das Illas Cíes e Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo, que esperan que, xunto coas futuras publicacións, se convertan en imprescindibles na biblioteca de todas as persoas interesadas na economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa no ES- POPUP de Santiago ou Lugo
Se eres unha persoa emprendedora ou tes unha empresa de economía social en fase de creación ou consolidación, e ademais queres probar o teu produto ou servizo ante potenciais clientes, este é o teu espazo!
Elixe a data e o lugar que mellor se adapte as túas necesidades: o 17, 18 e 19 de outubro en Santiago de Compostela e o 24, 25 e 26 de outubro en Lugo.
Para participar podes inscribirte aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Lean Management para cooperativas e economía social
Que é Lean? Por que aplicar Lean na nosa empresa? Cales son os seus beneficios? Neste curso terás a oportunidade de atopar a resposta a estas e a outras preguntas relacionadas con este modelo de negocio baseado na priorización do cliente.
Data: 10/10/2019
Horario: 09:00 - 14:00 h e 16:00 - 21:00 h
Lugar: aula 1, Asociación Boirense de Empresarios
Inscricións: 981847888 / info@abe.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Teleformación: A internacionalización nas entidades de economía social
Con esta formación o alumnado coñecerá o proceso de internacionalización e a súa xestión operativa, o que lle facilitará a toma de decisións estratéxicas no momento de exportar a outros mercados.
Data: 14/10/2019 - 04/11/2019
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario/981558008/eusumo.emprego@xunta.es
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Teleformación: A RSE nas entidades de economía social
Tes interese en incorporar medidas de RSE na túa entidade? Coñece a metodoloxía e as ferramentas necesarias para analizar e avaliar as diferentes alternativas e incorporar a RSE no teu modelo de negocio.
Data: 16/10/2019 - 06/11/2019
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario/981558008/eusumo.emprego@xunta.es
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
|