|
|
|
|
|
|
A Xunta aposta polo emprendemento en economía social para a xeración de riqueza e emprego
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, desprazouse ata Cambados para participar na xornada 'Descubrindo o emprendemento en economía social' que se organizou no marco da Rede Eusumo.
Durante a súa intervención, Pablo Fernández destacou que a Xunta destina este ano case 700 000 euros a impulsar actividades de divulgación entre as entidades socias desta rede e para apoiar o funcionamento das asociacións representativas da economía social.
|
|
|
Participa nesta xornada estratéxica sobre o vacún de leite
Agaca organiza esta xornada estratéxica coa finalidade de que as cooperativas de leite, de servizos gandeiros e de abastecementos de bovino aborden os principais retos do sector.
Data: 25 de marzo
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
Inscríbete nesta teleformación gratuíta sobre a modernización do sector primario
Agaca lanza este curso gratuíto co obxectivo de dar a coñecer o modelo cooperativo e amosar os requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
Data: do 1 de abril ao 12 de maio
Horas: 70
Modalidade: en liña
Plataforma: elearning.laceseconomiasocial.com
Inscrición: a través deste formulario
|