|
Boletín Rede Eusumo Nº 262 14/03/2024
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas á economía social de Galicia para o 2024
A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade convoca para o 2024 unha serie de axudas destinadas a apoiar o fomento e o desenvolvemento da economía social galega.
Actualmente, continúan abertas as seguintes convocatorias:
- 25 de marzo - Bono Consolida Economía Social
- 16 de setembro - Programa Aprol Economía Social
- 30 de setembro - Axudas ás empresas de inserción
Na páxina web da Rede Eusumo podes consultar a listaxe completa e actualizada das axudas ás que poden optar as entidades de economía social.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete neste curso sobre o cultivo e o manexo de vimbio vivo
A ADR Comarca de Lugo organiza un curso gratuíto sobre o cultivo e o manexo de vimbio vivo. Idoia Cuesta imparte esta formación, que contará cunha parte teórica e outra máis práctica.
Data: 19 e 20 de marzo Horario: de 16:00 h a 20:00 h Modalidade: presencial Lugar: Outeiro de Rei Máis información: a través do 982 23 80 00
|
|
|
|
Encontro entre mulleres socias e directivas de cooperativas agroalimentarias
Agaca organiza este encontro entre mulleres socias e directivas de cooperativas agroalimentarias galegas para darlle visibilidade á muller en todos os ámbitos económicos e sociais do mundo rural.
Data: 20 de marzo Horario: de 10:30 h a 13:30 h Modalidade: presencial Plataforma: O Xeixo S. Coop. Galega (Lugo) Máis información: a través de agaca@agaca.coop
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descubre as particularidades do emprendemento en economía social
A Rede Eusumo organiza esta xornada sobre o emprendemento en economía social para todas as persoas interesadas do Concello de Cambados e arredores.
Data: 20 de marzo Horario: de 11:00 h a 12:30 h Modalidade: presencial Lugar: Exposalnés (Cambados) Inscrición: a través de obradoiro@cambados.com
|
|
|
|
Coñece experiencias reais do emprendemento en economía social
A Rede Eusumo organiza esta xornada no Concello de Redondela para achegarlles ás persoas asistentes experiencias reais do proceso de emprendemento en economía social.
Data: 21 de marzo Horario: de 12:00 h a 13:30 h Modalidade: presencial Lugar: Concello de Redondela Inscrición: a través de aedl@redondela.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descubre novas oportunidades de negocio
Agaca organiza esta xornada formativa sobre a produción de castaña como unha oportunidade de emprendemento cooperativo, de explotación comunitaria e de traballo asociado en Galicia.
Data: 21 de marzo Horario: de 9:30 h a 14:30 h Modalidade: en liña Plataforma: Zoom Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en: www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|