LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 260 29/02/2024
 
              
       
Aberta a convocatoria de axudas para a continuidade de casas do maior
A Consellería de Política Social e Xuventude publica as bases reguladoras das axudas para apoiar a continuidade e o mantemento das casas do maior.

Poderán solicitar estas subvencións tanto as profesionais por conta propia, como as cooperativas de traballo asociado que puxeran en marcha unha casa do maior nos anos 2019, 2021 ou 2022.

O prazo de solicitude finaliza o 26 de marzo.

           
       
Entrevistamos as socias da cooperativa 13 Grados
Desde a Rede Eusumo entrevistamos as socias desta cooperativa galega moi concienciada co coidado do medio mariño.

Para todas as actividades e recursos que elaboran, parten da educación ambiental como base para comprender o efecto global positivo que podemos exercer dende onde vivimos.

“Todos estamos conectados co mar, ata tal punto que as nosas decisións e accións cotiás repercuten sobre el”.

           
 
       
           
       

  Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social

Coñece as tendencias actuais nas redes sociais e desenvolve unha estratexia para mellorar a presenza da túa entidade de economía social nun contorno dixital altamente competitivo.

Datas: do 5 ao 19 de marzo
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

      Coñeces a fórmula do cooperativismo e o seu funcionamento?

EspazoCoop organiza esta charla para darlles a coñecer ás persoas asistentes o funcionamento das cooperativas e as vantaxes que teñen en comparación con outros modelos de negocio.

Data: 7 de marzo
Horario: de 9:30 h a 12:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Casa da Cultura de Ordes
Máis información: na web espazo.coop

 
           
         
  Descubre a oportunidade de negocio da produción de leite ecolóxico

Agaca organiza esta xornada formativa para promover o coñecemento da produción de leite ecolóxico, unha oportunidade de negocio de interese crecente en Galicia.

Data: 14 de marzo
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario

       
   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela